Sesión informativa: programas internacionais de mobilidade 2021/2022

Con motivo da publicación das convocatorias de mobilidade de estudantes para o curso 2021/2022, a Oficina de Relacións Internacionais (ORI) convoca unha serie de sesións informativas sobre os distintos programas de intercambio internacionais a través de Campus Remoto. Para a Facultade de Ciencias a dita sesión terá lugar o venres 4 de decembro as 15.00 h.

https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/527156217
A clave para o acceso do estudantado é: 5b7zWuB9

Este ano, por primeira vez, a solicitude farase a través da sede electrónica, o que supón un cambio de procedemento importante. Polo tanto, desde a ORI recomendan encarecidamente que todos aqueles interesados/as asistades e que non presentedes as solicitudes ata que vos dean as instrucións precisas na charla.