Facultade de CCXXT

Acto de benvida


No acto de benvida o decano/a recibe o alumnado de novo ingreso presentando o Centro e explicando a organización académica do mesmo e os recurso dos que se dispoñen para acadar os obxetivos formativos dos diferentes programas, a composición e labor dos organos colexiados e o PAT do centro. Presentarase os membros do equipo e coordinadores de curso.Unha persoa representante da delegación de alumnado/asociacións intervirá informando de cuestions do seu interés; ademais, o persoal da biblioteca informará sobre o seu funcionamento e as posibilidades que este servizo ofrece.

O persoal do Servizo de Deportes, da Oficina de Voluntariado e da Oficina de Relacións Internacionais presentes no acto fan unha breve descrición dos servizos que ofrecen e os principais programas que xestionan. Tamén invitan ao estudantado para achegarse ás súas instalacións e ampliar a información que desexen.


Programa do Acto de Benvida 2018/2019