Facultade de CCXXT

Plan de Acción Titorial

O Plan de Acción Titorial (PAT) da Facultade de Ciencias recolle un conxunto de actuacións destinadas a favorecer a integración do alumnado na vida universitaria e atender as súas necesidades formativas e informativas.

A existencia do PAT supón superar o modelo especificamente académico, só preocupado pola transmisión de coñecementos, e apostar por un modelo educativo en que conflúen ademais funcións socio educativas, baseadas en relacións recíprocas e interaccións titor/a-alumno/a, alumno/a-alumno/a etc.; apóstase, en definitiva, polo desenvolvemento persoal, ademais do académico.

INFORMACIÓN SOBRE O PAT

Pedro Araujo Nespereira

Coordinador do PAT

+34 988 387 051 |


Plan Titorial de Materias de especial dificultade

Está destinado a alumnado de primeiro curso e pretende facilitar o cambio que sempre supón para o estudantado o tránsito da etapa de bacharelato á universidade. O seu obxectivo prioritario é potenciar o rendemento académico a través do afianzamento de coñecementos e competencias que na etapa universitaria resultan de máxima importancia para acadar os logros establecidos.


PAT da Facultade de Ciencias (vixente dende novembro de 2015)

PAT curso 2017-2018


Titores de materias de especial dificultade
Materia Titor
Matemáticas Elías Manuel Berriochoa Esnaola
Física Clara Asunción Tovar Rodríguez
Ampliación de Física María Inés Álvarez Fernández
Química Nuria Vila Romeu
Operacións Básicas I Juan Carlos Parajó Liñares

Formularios do PAT

Cuestionario final de satisfacción do alumnado (Anexo I-A)
Cuestionario final de satisfacción dos titores (Anexo I-B)