Facultade de CCXXT

SGIC

O Sistema de Garantía Interna de Calidade ten como obxectivo xestionar de forma sistemática e estruturada a calidade dos centros e títulos cunha orientación cara a mellora continua. Baixo este enfoque:

  • Establécense documentalmente as actividades a desenvolver, de xeito que dean resposta ás esixencias normativas e dos grupos de interese
  • Recóllense rexistros adecuados, como proba do funcionamento e eficacia do sistema
  • Analízanse sistematicamente os resultados
  • Tómanse as decisións precisas para a súa mellora e para satisfacer as necesidades e expectativas dos grupos de interese

A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) certificou o 27 de xullo de 2009 que o SGIC da Facultade de Ciencias foi deseñado conforme ás directrices establecidas no programa FIDES-AUDIT (Certificado Nº 15/09).


Documentación básica do SGIC do centro:

FIDES-AUDIT