Facultade de CCXXT

Reunión informativa Erasmus estudos 2018-2019

Publícase a Resolución reitoral do 29 de decembro de 2017, pola que se Convocan as bolsas Erasmus+ Estudos para o curso 2018-2019.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de xaneiro de 2018.


O vindeiro 15 de xaneiro, ás 13.00 h, celebraremos unha reunión informativa na Aula Magna da Facultade de Empresariais e Turismo destinada aos estudantes do campus de Ourense.