Facultade de CCXXT

Sesión informativa programa de mobilidade Erasmus+ para o curso 2019-2020

Foi publicada a Resolución Reitoral do 6 de febreiro de 2019, pola que se convocan as bolsas ERASMUS+ Estudos para o curso 2019-2020.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de febreiro de 2019.

O vindeiro 15 de febreiro, ás 13.00 h, celebrarase unha sesión informativa no salón da Salón de Actos Marie Curie do Edificio Politécnico destinada ao estudantado do Campus de Ourense.

Pódese consultar a convocatoria na Secretaría Virtual.