Facultade de CCXXT

Convocatoria Bolsa Comedor para alumnado de Grao e Mestrado 2018-2019

Publicouse a Resolución reitoral do 7 de febreiro 2019 pola que se convocan bolsas comedor para o alumnado de Grao e Mestrado no curso  2018/2019.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 8 de marzo de 2019.

Estas bolsas teñen por obxecto garantir a igualdade de oportunidades do alumnado cunha situación económica que poida dificultar o seu acceso e permanencia na universidade. Contía 500 €.

Pódese consultar a convocatoria na Secretaría Virtual.