Facultade de CCXXT

10/06/2018 - Xornada ornitolóxica na conca do Limia

A Confederación Hidrográfica do Miño Sil, organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, e a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, organizan unha xornada dedicada ao avistamento de aves, nas actuacións do proxecto Life situadas na Zona de Especial Protección para as Aves –ZEPA- da Limia.

A xornada está prevista para o domingo 10 de xuño de 8:30 a 13:30 horas na zona de localización das charcas de areneras abandonadas en Sandiás, e recuperadas a través do proxecto Life, no antigo tramo da canle do Limia rexenerado en Rairíz de Veiga e no observatorio de aves das areneras de Sandiás, xestionado pola Xunta de Galicia.

A charla correrá a cargo do presidente do Colexio de Enxeñeiros/as Técnicos/as Agrícolas e tratará sobre as competencias profesionais, atribucións, ofertas laborais, colexio profesional e información para colexiarse.

A visita será guiada polo especialista ornitólogo, Diego Rodríguez Vieites, con amplo coñecemento da avifauna na Comarca da Limia e por persoal técnico da CHMS e da Xunta de Galicia socios no Proxecto Life Rexenera Limia.

Un autobús recollerá aos participantes en dous puntos, ás 8,30 horas no pavillón de Vos Remedios e ás 9,00 horas na Estación de Servizo Antela, en Ourense e Xinzo de Limia, respectivamente. Recoméndase levar roupa e calzado cómodo e prismáticos.

A inscrición é gratuíta, a través da web http://regeneralimia.org/contacto, ou a través da dirección de correo .


Para obter máis información podes chamar ao teléfono 988 366 180 ou visita a páxina web www.regeneralimia.org.