Facultade de CCXXT

O Campus da Auga premia a investigación arredor deste recurso que se realiza en Ourense

O campus de Ourense abriu este venres as súas portas a 300 escolares da provincia

 

Este mércores o Teatro Principal de Ourense acolleu a celebración da gala de entrega dos I Premios de Investigación, Transferencia, Innovación Educativa e Divulgación Científica do Campus da Auga. Ante autoridades e membros da comunidade universitaria, dez investigadores e investigadoras subiron ao escenario para recoller uns galardóns que naceron co obxectivo de potenciar e visibilizar o traballo que se realiza na Universidade de Vigo en temas relacionados co motor estratéxico de especialización do campus de Ourense.


O premio ao traballo fin de grao ou de mestrado máis destacado foi para a egresada da Facultade de Ciencias Nazaret Rodríguez, polo estudo fin de grao Valorización de augas mineromedicinais para a elaboración de cremas solares con extracto de pebida de bagazo. Deste traballo, a súa autora destacou na gala "os bos resultados obtidos" e o feito de que "valoriza dous recursos importantes na provincia, como son as augas termais e o bagazo". Nesta categoría tamén se concederon dous accésits aos traballos Estudo da evolución da concentración de Phytophthora e Alternaria sobre un cultivo de patacas e aplicación de modelos de predición, de Laura Meno, e Réxime xurídico das augas termais en Galicia e primeiros pasos xurídico-administrativos para o aproveitamento dunha surxencia termal nun fundo privado, de Iván Fernández.


Ler a noticia completa no DUVI