Facultade de CCXXT

Gil Garrote, reelixido decano da Facultade de Ciencias

Acadou 55 votos a favor, tres en contra e dous en branco

 

A Xunta de Facultade de Ciencias reelixiu este mércores a Gil Garrote como decano deste centro. Sendo a súa a única candidatura que se presentou ás elección a decano, o profesor acadou 55 votos a favor, tres en contra e dous en branco. Deste xeito, afrontará un segundo mandato á fronte desta facultade co obxectivo de dar continuidade ao traballo realizado por el e o seu equipo nos últimos tres anos.

“Estou moi contento e agradecido polo apoio recibido”, comentou Gil Garrote trala votación, amosándose especialmente satisfeito “pola asistencia, a participación e o resultado” acadado nesta Xunta de Facultade. O respaldo en votos recibido, afirmou, “referenda o labor destes tres anos e anímanos a seguir por un camiño similar”.

20181212

Compartindo estas impresións estaban este mércores o equipo que acompañou a Gil Garrote na súa candidatura e que dá continuidade ao dos últimos tres anos. Nel incorpórase como secretaria do centro María José Pérez, profesora titular de Microbioloxía, e mantéñense Sidonia Martínez, como vicedecana de Calidade; Elena Martínez, como vicedecana de Alumnado e Promoción Exterior, e Juan Carlos Nóvoa, como vicedecano de Organización Académica.

Ler a noticia completa