As prácticas externas constitúen unha actividade de natureza formativa levada a cabo polos estudantes universitarios e supervisada polas universidades. As prácticas externas ofrecen ao estudantado a posibilidade de completar a súa formación académica e adquirir experiencia profesional a través da realización de prácticas en entidades colaboradoras, tales como empresas, institucións e entidades, de carácter público ou privado, no ámbito nacional ou internacional, facilitando así ao estudantado o seu primeiro contacto co que presumiblemente será a súa futura contorna laboral.

Obxectivos

Os obxectivos das prácticas externas son, entre outros, permitir ao estudantado:

  • Coñecer a realidade laboral das empresas, institucións e/ou entidades.
  • Aplicar na práctica real dunha entidade colaboradora os coñecementos adquiridos durante os seus estudos.
  • Adquirir as capacidades técnicas (saber facer), interpersoais (saber estar) e de pensamento (saber ser), que lle capacitan para enfrontarse ao mundo laboral con maiores garantías de éxito.

 

Modalidades

As prácticas externas poden adoptar dúas modalidades:

PRÁCTICAS EXTERNAS CURRICULARES

Son aquelas que se configuran como actividades académicas integradas como materias dun plano de estudos, tal é o caso da materia Prácticas externas das titulacións de grao do centro, que se imparte en 4º curso. Nesta materia os alumnos para alcanzar as competencias deben realizar unha estadía nunha entidade externa. Para isto, cóntase cunha serie de Centros conveniados para tal finalidade.

PRÁCTICAS EXTERNAS EXTRACURRICULARES

Son aquelas que se realizan con carácter voluntario durante o período de formación e que, aínda tendo os mesmos fins que as prácticas curriculares, non forman parte do correspondente plano de estudos. COn todo, serán contempladas no Suplemento Europeo ao Título conforme determine a normativa vixente.

Presentación prácticas académicas externas

 

Normativa

NORMATIVA XERAL

Real decreto 592/2014, do 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios

NORMATIVA DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Regulamento de prácticas académicas externas do alumnado da Universidade de Vigo
Instrucións sobre o procedemento para a realización das prácticas académicas externas:

 

Documentación para a formalización das prácticas

SOLICITUDE

Formulario de solicitude de prácticas externas

FORMALIZACIÓN

D4 – Formalización da práctica académica externa. Documento para a formalización da práctica académica que inclúe o documento D3 – compromiso do estudante. Debe asinarse por triplicado correspondendo unha copia ao estudante, outra ao titor da empresa e outra ao centro.

SEGUIMENTO

D5 – Informe do titor ou titora da empresa ou entidade
D6 – Informe do estudante
D7 – Informe do titor ou titora académico

ACREDITACIÓN

D8 – Certificado acreditativo de realización de prácticas académicas externas

MEMORIA DE PRÁCTICAS EXTERNAS

Plantilla da memoria de prácticas

 

Convenios vixentes

Listaxe de convenios con empresas

 

Coordinación de prácticas

Raquel Rial Otero
+34 988 368 897
raquelrial@uvigo.es