Facultade de CCXXT

Traballo Fin de Grao

O traballo de fin de grao forma parte como módulo, materia ou disciplina do plano de estudos de todo título oficial de grao. No seu deseño debe preverse que a súa elaboración, avaliación e cualificación teñan lugar dentro do período previsto para realizar os estudos.

É un traballo persoal, que cada estudante realizará de maneira autónoma baixo a titorización do centro e debe permitirlle mostrar de forma integrada a adquisición das competencias e dos contidos formativos asociados ao título.

COORDINACIÓN DO TFG

Comisión do TFG

+34 988 387 XXX

En ningún caso pode ser un traballo presentado con anterioridade polo/a estudante nalgunha materia de calquera titulación, aínda que pode integrar ou desenvolver liñas de traballo xa iniciadas con anterioridade no marco dos estudos da titulación. No caso de que o traballo reproduza un texto publicado dixitalmente ou en formato tradicional, sen que o/a autor/a se faga eco desta cirscuntancia e o presente como propio e orixinal, considerarase como plaxio. O plaxio constituirá motivo de suspenso.


Traballo Fin de Grao 2018/2019


IMPORTANTE!: TITULO DO TFG NA SECRETARÍA VIRTUAL

No momento de realizar a solicitude de defensa do TFG a través da secretaría virtual cómpre verificar que o título dos TFG está ben escrito en galego, español e inglés. En concreto:

  1. O mesmo texto correctamente escrito nos 3 idiomas
  2. Sen faltas de ortografía
  3. Con puntuación correcta
  4. Evitando símbolos (nunca comiñas ao comezo e final do título)
  5. Evitar siglas e abreviaturas, a non ser que sexa estritamente necesario
  6. En maiúsculas só a palabra de comezo do título e os nomes propios

CALENDARIO DE DEFENSA DO TFG 2018/2019

Convocatoria Solicitude de defensa Defensa
Fin de Carreira Do 12/09/2018 ao 18/09/2018 Do 26/09/2018 ao 31/10/2018: horarios e tribunais
1ª Convocatoria Do 10/12/2018 ao 14/12/2018 Do 08/01/2019 ao 08/02/2019: horarios e tribunais
2ª Convocatoria Do 25/03/2019 ao 29/03/2019 Do 22/04/2019 ao 30/04/2019: horarios e tribunais
3ª Convocatoria Do 20/05/2019 ao 24/05/2019 Do 10/06/2019 ao 18/06/2019: horarios e tribunais
Convocatoria de xullo Do 19/06/2019 ao 26/06/2019 Do 09/07/2019 ao 23/07/2019: horarios e tribunais

OFERTA DO TFG

Grao CeTA | Grao CA | Grao EA

ASIGNACIÓN DO TFG

Grao CeTA | Grao CA | Grao EA

TRIBUNAIS DO TFG

Grao CeTA | Grao CA | Grao EA