O traballo de fin de grao forma parte como módulo, materia ou disciplina do plano de estudos de todo título oficial de grao. No seu deseño debe preverse que a súa elaboración, avaliación e cualificación teñan lugar dentro do período previsto para realizar os estudos
É un traballo persoal, que cada estudante realizará de maneira autónoma baixo a titorización do centro e debe permitirlle mostrar de forma integrada a adquisición das competencias e dos contidos formativos asociados ao título.
En ningún caso pode ser un traballo presentado con anterioridade polo/a estudante nalgunha materia de calquera titulación, aínda que pode integrar ou desenvolver liñas de traballo xa iniciadas con anterioridade no marco dos estudos da titulación. No caso de que o traballo reproduza un texto publicado dixitalmente ou en formato tradicional, sen que o/a autor/a se faga eco desta cirscuntancia e o presente como propio e orixinal, considerarase como plaxio. O plaxio constituirá motivo de suspenso.
O TFG evaluarase mediante unha rúbrica. A nota está dividida do seguinte modo:
- Informe do titor/a: 25% da nota.
- Traballo escrito: 40% da nota.
- Exposición oral: 35% da nota.
O titor emitirá un informe, previo á defensa to TFG, dando a súa puntuación entre 0 – 25%. Este informe será coñecido polo tribunal do TFG.
O traballo escrito valoraráse segundo a tipoloxía de TFG (xeral, inxeñaril ou bibliográfico) ata un 40% e a exposición oral valoraráse ata un 35%, sumando un total do 75% da nota do TFG.
Cada membro do TFG calificará por separado e calcularáse a media.
As notas só serán públicas trala defensa de todos os TFG da convocatoria.
Normativas do TFG
Formularios do TFG
Traballo Fin de Grao – Curso 2022/2023
CALENDARIO DE DEFENSA DO TFG
(Pulsa no nome da convocatoria para consultar o calendario detallado)
Convocatoria | Solicitude * | Defensa |
---|---|---|
Fin de carreira | 17/10/2022 – 21/10/2022 | 15/11/2022 – 25/11/2022 |
1ª convocatoria | 23/01/2023 – 26/01/2023 | 13/02/2023 – 24/02/2023 |
2ª convocatoria | 10/04/2023 – 14/04/2023 | 28/04/2023 – 05/05/2023 |
3ª convocatoria | 22/05/2023 – 26/05/2023 | 19/06/2023 – 30/06/2023 |
Xullo (1º prazo) | 19/06/2023 – 23/06/2023 | 10/07/2023 – 28/07/2023 |
Xullo (2º prazo) | 24/07/2023 – 28/07/2023 | 11/09/2023 – 15/09/2023 |
* (ata as 14.00 horas)