O Acto de Benvida ao novo estudantado do primeiro curso das titulacións de grao celebrarase o 11 de setembro de 2019 ás 11.00 h na Aula B5 da facultade.

 

No acto de benvida o decano/a recibe o estudantado de novo ingreso presentando o Centro e explicando a organización académica do mesmo e os recurso dos que se dispoñen para acadar os obxetivos formativos dos diferentes programas, a composición e labor dos organos colexiados e o PAT do centro. Presentarase os membros do equipo e coordinadores de curso. Unha persoa representante da delegación de estudantado e/ou asociacións intervirá informando de cuestions do seu interese; ademais, o persoal da biblioteca informará sobre o seu funcionamento e as posibilidades que este servizo ofrece.

O persoal do Servizo de Deportes, da Oficina de Voluntariado e da Oficina de Relacións Internacionais presentes no acto fan unha breve descrición dos servizos que ofrecen e os principais programas que xestionan. Tamén invitan ao estudantado para achegarse ás súas instalacións e ampliar a información que desexen.