A Facultade de Ciencias participa nos programas de mobilidade institucionais apoiando a saída do estudantado propio e acollendo ao estudantado externo (nacional e internacional)
O estudantado da Universidade de Vigo pode cursar parte das súas titulacións no estranxeiro a través de programas como o Erasmus, ISEP, así como beneficiarse das bolsas propias desta universidade, quen tamén pon a disposición do seu estudantado un tándem de conversa coa finalidade de fomentar a aprendizaxe de idiomas e as relacións interpersoais entre os participantes.
A Oficina de Relacións Internacionais é a encargada de coordinar, centralizar e xestionar as actividades internacionais que se desenvolven na institución, relacionadas con programas de intercambio de formación de estudantes.
Coordinación de Relacións Internacionais
Carmen González Barreiro
+34 988 368 897
studentmobility.fcou@uvigo.es