O Plan de Acción Titorial (PAT) da Facultade de Ciencias recolle un conxunto de actuacións destinadas a favorecer a integración do estudantado na vida universitaria e atender as súas necesidades formativas e informativas.

A existencia do PAT supón superar o modelo especificamente académico, só preocupado pola transmisión de coñecementos, e apostar por un modelo educativo en que conflúen ademais funcións socio educativas, baseadas en relacións recíprocas e interaccións titor/a-estudante, estudante-estudante etc.; apóstase, en definitiva, polo desenvolvemento persoal, ademais do académico.

Plan Titorial de Materias de especial dificultade

Está destinado a estudantado de primeiro curso e pretende facilitar o cambio que sempre supón para o estudantado o tránsito da etapa de bacharelato á universidade. O seu obxectivo prioritario é potenciar o rendemento académico a través do afianzamento de coñecementos e competencias que na etapa universitaria resultan de máxima importancia para acadar os logros establecidos.

PAT da Facultade de Ciencias (vixente desde novembro de 2015)

PAT curso 2019-2020

Titores de materias de especial dificultade

Materia Titor/a
Matemáticas Por determinar
Física Por determinar
Ampliación de Física Por determinar
Química Por determinar
Operacións Básicas I Por determinar

Formularios do PAT

Cuestionario final de satisfacción do estudantado (Anexo I-A)
Cuestionario final de satisfacción do persoal titor (Anexo I-B)

 

Coordinación do PAT

Pedro Araujo Nespereira
+34 988 387 051
araujo@uvigo.es