A plantilla docente da Facultade de Ciencias está integrada por máis de 80 profesores/as permanentes e arredor de 10 docentes-investigadores contratados baixo outras figuras (investigadores Ramón y Cajal, investigadores da Xunta de Galicia e bolseiros). Máis do 95% da plantilla ten o título de Doutor e a totalidade está vinculada a tempo completo coa universidade.

 

Cadro de PDI – Curso 2019/20

Categoría Homes Mulleres Total % TIT AD
CU 9 3 12 17% Dr. TC
PTU 15 25 40 57% Dr. TC
CEU 1 1 1% Dr. TC
PCD 3 6 9 13% Dr. TC
IRC 1 1 1% Dr. TC
PXGA 1 1 1% Dr. TC
PXGB 1 3 4 6% Dr. TC
BFPI 1 1 1% Lic. TC
BUVI 1 1 1% Lic. TC
TOTAL 30 40 70      

Información detallada do profesorado 2019/2020