Facultade de CCXXT

Recursos materiais e Servizos

Recursos materiais


Aula Teórica Mediana

Capacidade: 54 alumnos

Aula de mediana capacidade. O estudantado permanece sentado. O mobiliario é de cadeira de distribución e organización variable.

Uso habitual: Clases maxistrais a grupos medios e pequenos. Seminarios e obradoiros.

Aulas B.1, B.2, B.3, B.4, 1.1, 1.2, 1.3, 1.4, 3.3, 3.4, 3.5 e 3.6

Equipos informáticos de proxección analóxica e dixital para presentacións multimedia. Conexión a Internet. Outros medios para a docencia.

Aulas dotadas de cadeiras individuais con pala de escritura.


Aula Teórica Grande

Capacidade: 140 alumnos

Aula de gran capacidade. O estudantado permanece sentado.

Uso habitual: Clases maxistrais a grupos medios e pequenos. Seminarios e obradoiros.

Aulas B.5 e 1.5

Equipos informáticos de proxección analóxica e dixital para presentacións multimedia. Conexión a Internet. Outros medios para a docencia.

Aulas dotadas de mobiliario fixo.


Aula de informática

Capacidade: 24 alumnos

Aula de pequena capacidade. O estudantado permanece sentado.

Uso habitual: Seminarios e clases que requiran infraestrutura informática específica.

Aula Informática 1 e Aula Informática 2

24 postos informáticos. Rede WIFI e rede Ethernet.

Equipos informáticos de proxección analóxica e dixital para presentacións multimedia. Conexión a Internet. Outros medios para a docencia.

Aulas dotadas de mobiliario fixo.

Laboratorios

Capacidade: 12-24 alumnos

Espazo dotado de material e equipamiento de laboratorio axeitado para a realización das prácticas das diferentes materias das titulacións do centro.

Uso habitual: Desenvolvemento de prácticas, traballos, exercicios ou proxectos de carácter teórico-práctico con uso de tecnoloxía específica.

  • Laboratorio de Botánica (24 postos)
  • Laboratorio de Bromatoloxía
  • Laboratorio de Ciencia e Tecnología dos Alimentos (24 postos)
  • Laboratorio de Física (24 postos)
  • Laboratorio de Xeodinámica (24 postos)
  • Laboratorio de Enxeñaría Química (18 postos)
  • Laboratorio de Microbioloxía (24 postos)
  • Laboratorio de Química (24 postos)
  • Laboratorio de Análise Instrumental (24 postos)
  • Laboratorio de Toxicoloxía (12 postos)

A Facultade de Ciencias dispón ademais dun invernadero e dunha leira de prácticas no Campus Universitario.

Despachos de profesores

Os profesores con docencia no centro dispoñen dun despacho para as súas tarefas docentes, realización de titorías,...

O listado de profesores e a súa localización pode consultarse no seguinte enlace.

Aula de Graos

O Salón de Graos, con capacidade para 70 persoas, empregase para celebrar actos académicos e protocolarios, conferencias,...


Salón de Graos

O Salón de Graos, con capacidade para 250 persoas, empregase para celebrar actos académicos e protocolarios, conferencias,...


Aula Magna

A Aula Magna, con capacidade para 400 persoas, empregase para celebrar actos académicos e protocolarios, conferencias,...


Sala de estudos

O Edificio Politécnico dispón dunha sala de estudos de libre acceso para todos os estudantes, cunha capacidade para 50 persoas, que os alumnos poden utilizar para traballo individual ou en grupo..


Delegación de alumnado

Os representantes do alumnado do centro dispoñen dunha sala con equipamento adecuado aos seus fins.

Acceda ao apartado propio da Delegación de Alumnado a través deste enlace.

Outros recursos materiais do centro

Ademáis das infraestruturas e dotacións ubicadas en espazos concretos de docencia-aprendizaxe, existe un material diverso que pode ser utilizado polo profesorado e estudantado na súa actividade no centro. O uso deste material é controlado polo servizo de Conserxería da facultade mediante un sistema establecido que inclúe o compromiso para unha utilización axeitada por parte do usuario. O material dispoñible consiste en: ordenadores portátiles, proxectores dixitais, reproductores de video en diversos formatos, monitores, escaleras de man, cables de conexión, etc. Se ben en xeral o estudantado debe de costearse os materiais necesarios para desenvolver os exercicios e traballos programados nas distintas materias.

A Biblioteca central do Campus de Ourense ofrece os seguintes servizos:

  • Sala de Lectura
  • Ordenadores de información
  • Rede WIFI

Horario

Luns a venres 8.30 a 21.00 h


Na Biblioteca dispóñense, nos seus fondos de carácter docente, de polo menos un exemplar de todas as obras recomendadas polos docentes nas distintas materias impartidas na Facultade de Ciencias. Dita lista é revisada todos os anos, no momento que o profesorado remite ao decanato a guía docente de cada unha das materias das títulacións que se imparten no centro.

Adicionalmente, as instalacións da Facultade cumpren cos requisitos de accesibilidade que marca a normativa vixente. Regularmente avalíase a accesibilidade dos mesmos para persoas discapacitadas e todos os anos revísanse e eméndanse as posibles incidencias respecto diso en colaboración co Vicerreitorado correspondente e a Unidade Técnica da Universidade de Vigo.


Servizos Xerais


Conexión sen fíos

O edificio da facultade dispón de conexión sen fíos á rede da universidade e, a través dela, a Internet. Todos os membros da comunidade universitaria teñen acceso a este servizo mediante clave vinculada á súa conta de correo persoal proporcionada pola universidade.


Recursos docentes en rede

Como apoio á actividade docente presencial, a Universidad de Vigo pon a disposición do profesorado a plataforma informática FaiTIC con recursos en liña destinados á teleformación. Trátase dun servizo de especial utilidade tanto para os alumnos como para o PDI, xa que permite a comunicación continua entre alumnos e profesor así como o intercambio de material docente, realización de test, etc. Está a ser amplamente utilizada hoxe en día na docencia no centro.


Servizo de reprografía

A Biblioteca Universitaria dispón de maquinas de reprografía de uso libre que se xestiona a través de cartón de fotocopias. Así mesmo, na contorna da Facultade existen servizos de reprografía xestionados por unha empresa externa.


Servizo de cafetería e restauración

O Centro dispón de servizo de cafetería, Así mesmo, situáronse na planta baixa e no primeiro andar, maquinas de café, bebida e alimentos para toda a comunidade. No Campus existe un servizo de restauración central xestionado por unha empresa externa, a prezos reducidos fixados pola Universidade de Vigo.