A receita de galletas fortificadas con ferro e calcio mellórase na universidade

Desenvolver galletas fortificadas con ferro e calcio que superasen os problemas organolépticos e de absorción das receitas existentes. Este foi o obxectivo principal da tese de doutoramento de Ricardo Troncoso. Os resultados obtidos, destaca este enxeñeiro químico, “amosaron que é viable producir galletas de tipo masa curta fortificadas con fitoesterois e hidrolizados de caseína mantendo un nivel de calidade sensorial aceptable”.

A tese foi presentada na Facultade de Ciencias do campus de Ourense este curso académico baixo a dirección de Nelson Pérez e Ana María Torrado. O estudo, comenta o seu responsable, xurdiu no marco do Proxecto Envellefun, no que participaron as empresas Biscuits Galicia, Innaves e Povisa e a Universidade de Vigo e que estivo financiado polo Programa Feder Innterconecta. A idea de levalo a cabo, apunta o xa doutor pola Universidade de Vigo, naceu tendo en conta como “as deficiencias de ferro e calcio son un problema que afecta a gran parte da poboación mundial” e como “as galletas son un produto amplamente consumido e máis atractivo que os suplementos farmacéuticos polo que representan unha alternativa para abordar carencias nutricionais”.

Ler a noticia completa no DUVI