A clase de Ciencias Naturais é en laboratorios do campus

26 escolares de sexto curso de Educación Primaria do CEIP de Seixalbo, de Ourense, tiveron este xoves unha clase especial de Ciencias Naturais. Agora que están coñecendo mofos, fermentos e bacterias achegáronse aos laboratorios da Facultade de Ciencias do campus de Ourense para coñecer de primeira man estes elementos e o traballo relacionado con eles que desenvolve o Grupo de Tecnoloxía dos Alimentos da Universidade de Vigo. As súas investigadoras Inmaculada Franco, Sidonia Martínez, Míriam González, Lucía Gómez e Elena Piñeiro explicaron ás e aos escolares dun xeito aplicado e didáctico a implicación destes microoranismos en procesos como a conservación e o sabor e en produtos como o queixo ou os iogures. A iniciativa, explicou Inmaculada Franco, tivo como obxectivo contribuír a fomentar o interese das e dos escolares pola ciencia e polo coñecemento.

Ler a noticia completa no DUVI