Convócase a todo o alumnado de 3º e 4º dos Graos da Facultade de Ciencias e aos estudantes do Máster de CeTAA a unha charla informativa sobre prácticas externas e TFG que terá lugar o día 3 de decembro de 2020 ás 19.00 h. no Salón de Actos Marie Curie.
Temas a tratar: Traballo Fin de Grao (rúbricas), tramitación prácticas curriculares e extracurriculares, aplicación da nova normativa de prácticas, resolución de dúbidas.
Dado o interese das temáticas para tratar é moi importante a asistencia á charla.