Solicitud para cita previa

Desde a Secretaría de Estudantes da Área de Grao da E.S. de Informática, E. de Aeronáutica e da Facultade de Ciencias, do Campus de Ourense comunícase o seguinte:

Todos aqueles/as alumnos/as e público en xeral, que necesiten realizar un trámite administrativo na Secretaría de Estudantes, que dada a urxencia, non puidese solucionarse telematicamente, deberán solicitar cita previa a través do teléfono ou do correo electrónico que se indica a continuación:

Teléfono: 988 387 004
e-mail: act@uvigo.es

Unha vez quede rexistrada a petición, procederase a fixar a cita indicando o día e a hora na que se deberá acudir á oficina, ubicada no Edificio Politécnico do Campus de Ourense.