Catedrático/a de universidade
Área de Matemática Aplicada
Departamento de Matemática Aplicada II
Información de contacto
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Despacho 34
As Lagoas, s/n
32004 Ourense
+34 988 387 247
area@uvigo.gal
Breve CV
Licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1994. Doutor en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Vigo en 1999. Desde o ano 2000 é Profesor Titular de Universidade no Departamento de Matemática Aplicada II da Universidade de Vigo. Impartiu docencia universitaria no Campus de Vigo desde o curso 1995-1996, e ten concedidos catro quinquenios docentes. Premio ao profesor mellor valorado de primeiro ciclo dos estudos de Enxeñaría de Telecomunicación durante os cursos 1999-2000, 2001-02 e 2002-03. Ten o recoñecemento da Escola de Enxeñaría Industrial polo seu excelente labor docente nos cursos 2011-2012, 2012-2013 e 2013-2014. Incorpórase ao novo grao en Enxeñaría Aeroespacial no campus de Ourense no curso 2016-2017. Ten recoñecidos tres sexenios de investigación. Os seus intereses de investigación son os polinomios ortogonais, as funcións especiais e as súas aplicacións, e o cálculo fraccionario, actividades que desenvolve a través de numerosas colaboracións internacionais. Nos últimos anos, parte da súa actividade investigadora tamén inclúe modelos matemáticos que permitan explicar o avance de enfermidades como o Ébola ou o Zika, así como no número de aliñamentos do ADN. É autor de máis de 80 publicacións en revistas indexadas no Journal Citation Reports.
Docencia
1º cuadrimestre
2º cuadrimestre
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
O01G041V01201 | Matemáticas: Ampliación de matemáticas
Titorías
1º cuadrimestre
Titorías presenciais
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario fixo coa seguinte programación:
– Luns: de 15:30 a 17:30, Despacho 34 do Edificio Martínez Risco, Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
2º cuadrimestre
Titorías presenciais
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario fixo coa seguinte programación:
– Luns: de 15:30 a 17:30, D34, Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Investigación
Grupo de investigación
Liñas de investigación
- Polinomios ortogonais
- Funcións especiais e as súas aplicacións
- Calculo fraccionario