O luns, 11 de setembro de 2023, ás 10.00 h, terá lugar no Salón de Actos Marie Curie do Edificio Politécnico, un acto de acollida para o alumnado de grao do curso 2023/2024.

No acto de benvida o decano recibe o estudantado de novo ingreso presentando o centro e explicando a organización académica do mesmo e os recurso dos que se dispoñen para acadar os obxetivos formativos dos diferentes programas, a composición e labor dos organos colexiados e o PAT do centro. Presentarase os membros do equipo e coordinadores de curso. Unha persoa representante da delegación de estudantado e/ou asociacións intervirá informando de cuestions do seu interese; ademais, o persoal da biblioteca informará sobre o seu funcionamento e as posibilidades que este servizo ofrece.

O persoal do Servizo de Deportes, da Oficina de Voluntariado e da Oficina de Relacións Internacionais presentes no acto fan unha breve descrición dos servizos que ofrecen e os principais programas que xestionan. Tamén invitan ao estudantado para achegarse ás súas instalacións e ampliar a información que desexen.