Decano da facultade

 

Benvidos/as á Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo

A Facultade de Ciencias ten unha longa tradición no Campus de Ourense xa que é a herdeira dos estudos de Bioloxía, Química e Farmacia que se desenvolvían no antigo Colexio Universitario desde os seus comezos en 1974.

Na actualidade dispoñemos de modernas instalacións docentes e investigadoras que nos permiten facer unha oferta educativa, de carácter integrador, no campo agro-alimentario-ambiental, en contacto coa realidade socio-económica da nosa contorna e plenamente adaptado ao Espazo Europeo de Educación Superior.

Esperamos dar resposta ás túas inquedanzas, ademais de facilitar a túa integración no Campus Universitario de Ourense no que as múltiples propostas de actividades –teatro, deporte, música, etc- favorezan a formación integral dos futuros profesionais.