Recursos materiais

Aula teórica mediana

Capacidade: 54 postos

Aula de mediana capacidade. O estudantado permanece sentado. O mobiliario é de cadeira de distribución e organización variable.

Uso habitual: clases maxistrais a grupos medios e pequenos. Seminarios e obradoiros.

Aulas B.1, B.2, B.3, B.4, 1.1, 1.2, 1.3, 1.4, 3.3, 3.4, 3.5 e 3.6

Equipos informáticos de proxección analóxica e dixital para presentacións multimedia. Conexión a Internet. Outros medios para a docencia.

Aulas dotadas de cadeiras individuais con pala de escritura.

Aula teórica grande

Capacidade: 140 postos

Aula de gran capacidade. O estudantado permanece sentado.

Uso habitual: clases maxistrais a grupos medios e pequenos. Seminarios e obradoiros.

Aulas B.5 e 1.5

Equipos informáticos de proxección analóxica e dixital para presentacións multimedia. Conexión a Internet. Outros medios para a docencia.

Aulas dotadas de mobiliario fixo.

Aula de informática

Capacidade: 24 postos

Aula de pequena capacidade. O estudantado permanece sentado.

Uso habitual: seminarios e clases que requiran infraestrutura informática específica.

Aulas informática 1 e 2

24 postos informáticos. Rede WIFI e rede Ethernet.

Equipos informáticos de proxección analóxica e dixital para presentacións multimedia. Conexión a Internet. Outros medios para a docencia.

Aulas dotadas de mobiliario fixo.

Laboratorios

Capacidade: 12-24 postos

Espazo dotado de material e equipamento de laboratorio axeitado para a realización das prácticas das diferentes materias das titulacións do centro.

Uso habitual: desenvolvemento de prácticas, traballos, exercicios ou proxectos de carácter teórico-práctico con uso de tecnoloxía específica.

  • Laboratorio de Botánica (24 postos)
  • Laboratorio de Bromatoloxía
  • Laboratorio de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos (24 postos)
  • Laboratorio de Física (24 postos)
  • Laboratorio de Xeodinámica (24 postos)
  • Laboratorio de Enxeñaría Química (18 postos)
  • Laboratorio de Microbioloxía (24 postos)
  • Laboratorio de Química (24 postos)
  • Laboratorio de Análise Instrumental (24 postos)
  • Laboratorio de Toxicoloxía (12 postos)

A Facultade de Ciencias dispón ademais dun invernadoiro e unha leira de prácticas no campus universitario.

Despachos do profesorado
O profesorado con docencia no centro dispón dun despacho para as súas tarefas docentes, realización de titorías,…

Listaxe de profesorado

Aula de Graos
A aula de Graos, con capacidade para 70 persoas, empregase para celebrar actos académicos, conferencias,…

Salón de Graos
O Salón de Graos, con capacidade para 250 persoas, empregase para celebrar actos académicos e protocolarios, conferencias,…

Aula Magna
A Aula Magna, con capacidade para 400 persoas, empregase para celebrar actos académicos e protocolarios, conferencias,…

Sala de estudos
O Edificio Politécnico dispón dunha sala de estudos de libre acceso para todo o estudantado, cunha capacidade para 50 persoas, que poden utilizar para traballo individual ou en grupo.

Delegación de estudantes
O persoal representante do estudantado do centro dispón dunha sala con equipamento adecuado aos seus fins.

Asociación ECOUS

Outros recursos materiais do centro
Ademais das infraestruturas e dotacións ubicadas en espazos concretos de docencia e aprendizaxe, existe diverso material que pode ser empregado polo profesorado e estudantado na súa actividade no centro. O uso deste material é controlado polo servizo de conserxería da facultade mediante un sistema establecido que inclúe o compromiso para unha utilización axeitada por parte do persoal usuario. O material dispoñible consiste en: computadores portátiles, proxectores dixitais, reproductores de video en diversos formatos, monitores, escaleras de man, cables de conexión, etc. Se ben en xeral o estudantado debe custearse os materiais necesarios para desenvolver os exercicios e traballos programados nas distintas materias.

A Biblioteca central do campus de Ourense ofrece os seguintes servizos:

  • Sala de lectura
  • Computadores de información
  • Rede WIFI

Horario

Luns a venres de 8.30 a 21.00 h

Na biblioteca dispóñense, nos seus fondos de carácter docente, de polo menos un exemplar de todas as obras recomendadas polos docentes nas distintas materias impartidas na Facultade de Ciencias. Dita lista é revisada todos os anos, no momento que o profesorado remite ao decanato a guía docente de cada unha das materias das títulacións que se imparten no centro.

Adicionalmente, as instalacións da facultade cumpren cos requisitos de accesibilidade que marca a normativa vixente. Regularmente avalíase a accesibilidade dos mesmos para persoas discapacitadas e todos os anos revísanse e eméndanse as posibles incidencias respecto diso en colaboración coa vicerreitoría correspondente e a Unidade Técnica da Universidade de Vigo.

Servizos xerais

Conexión sen fíos

O edificio da facultade dispón de conexión sen fíos á rede da universidade e, a través dela, a Internet. Toda a comunidade universitaria ten acceso a este servizo mediante clave vinculada á súa conta de correo persoal proporcionada pola universidade.

Recursos docentes en rede

Como apoio á actividade docente presencial, a Universidade de Vigo pon a disposición do profesorado a plataforma informática FaiTIC con recursos en liña destinados á teleformación. Trátase dun servizo de especial utilidade tanto para o estudantado como para o profesorado, xa que permite a comunicación continua entre ambos así como o intercambio de material docente, realización de test, etc. Está a ser amplamente utilizada hoxe en día na docencia no centro.

Servizo de reprografía

A Biblioteca Universitaria dispón de máquinas de reprografía de uso libre que se xestiona a través de cartón de fotocopias. Así mesmo, na contorna da facultade existen servizos de reprografía xestionados por unha empresa externa.

Servizo de cafetería e restauración

O Centro dispón de servizo de cafetería, Así mesmo, situáronse na planta baixa e no primeiro andar, maquinas de café, bebida e alimentos para toda a comunidade. No campus existe un servizo de restauración central xestionado por unha empresa externa, a prezos reducidos fixados pola Universidade de Vigo.