Un proxecto estatal busca valorizar especies invasoras como materia prima para enerxía e bioprodutos

O desenvolvemento e optimización dun proceso de biorrefinería multiproduto para a valorización integral de materias primas de carácter invasor (como os materiais lignocelulósicos de Acacia dealbata e a macroalga Sargassum muticum) mediante produción de bioetanol e lignina, empregando pretratamentos avanzados e respectuosos co medio ambiente. Este é o obxectivo do proxecto estatal Biososinv, desenvolvido desde a Facultade de Ciencias do campus de Ourense.

O proxecto, titulado Avances cara unha biorrefinería sostible baseada na valorización de especies invasoras (Biososinv), está financiado pola convocatoria de 2019 de Proxecto de I+D+i, na modalidade Retos de Investigación, do Ministerio de Ciencia e Innovación, e prolongarase ata maio de 2023. Desenvolvido no marco do grupo de investigación Planta, Solo e Aproveitamento de Subprodutos BV1 da UVigo, ten como investigadores principais a Gil Garrote e Beatriz Gullón, formando parte do equipo Julia Carballo, María José Pérez, Pablo García, Álvaro Rodríguez, Carlos Orestes Martín Medina e Maria Inês Ferreira da Mota.

Ler a noticia completa no DUVI