As distintas portas que me abriu a mesma chave: Ciencias Ambientais

A Facultade de Ciencias convida á charla “As distintas portas que me abriu a mesma chave: Ciencias Ambientais”, a cargo de Alejandra del Castillo Llamosas, antiga alumna e actual Xestora de Sustentabilidade en Inditex.

O encontro terá lugar o luns 13 de outubro, de 13:00 a 14:00 h, no Salón de Graos.

Unha ocasión inspiradora para coñecer de primeira man como a formación en Ciencias Ambientais pode abrir un amplo abano de oportunidades profesionais.

Actividade dirixida ao alumnado de 3º e 4º curso, aberta ao público en xeral.

¡Agardámoste!