Charla: prácticas externas

Convócase a todo o alumnado de 3º e 4º dos Graos da Facultade de Ciencias e aos estudantes do Máster de CeTAA a unha charla informativa sobre prácticas externas que terá lugar o venres día 6 de novembro de 2026 ás 10:00 h na aula 1.5.

Temas a tratar: prácticas curriculares e extracurriculares. Requisitos e tramitación.

É importante que asistas se queres estar ben informado, xa que logo non repetiremos o mesmo a nivel individual no despacho.