A Facultade de Ciencias premia os mellores traballos fin de grao do seu alumnado

No dia de hoxe a Facultade de Ciencias do campus de Ourense celebra o acto de graduación do seu alumnado e nel, como xa é tradición, o centro entregará os seus premios aos mellores traballos fin de grao en cada un dos seus tres títulos. Os TFG galardoados céntranse en temáticas de tecnoloxía dos alimentos, enxeñaría agraria e ciencias ambientais. Con esta iniciativa, o centro quere cada ano pór en valor o esforzo feito polo estudantado na realización destes traballos, algúns deles desenvolvidos no marco de proxectos de diferentes grupos de investigación, e cos que culminan a súa etapa de formación de grao.

  • O Premio Sonia García Falcón ao Mellor TFG en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos é para o traballo titulado Aprendizaxe automática destinada a asegurar a autenticidade e a calidade no mundo do viño, que foi realizado por Sofía Iglesias, baixo a dirección dos profesores Gonzalo Astray e Antón Soria.
  • Polo que respecta ao Premio Julia Franco ao Mellor TFG en Ciencias Ambientais é para Influencia do tipo de vexetación na captación e posterior transferencia ó solo do mercurio (HG) atmosférico ao longo dun ano: Pinus pinaster vs Quercus robur, de Gracia Castillo e feito baixo a dirección de María Flora Alonso e Andrea Parente.
  • Finalmente, o Premio Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas ao Mellor TFG en Enxeñaría Agraria foi para Estratexias de separación selectiva dos constituíntes do eucalipto e valorización das fraccións sacáridas mediante o emprego de auga e disolventes verdes, realizado por Martín Cid baixo a dirección de Sandra Rivas e Carlos Vila.

Ler a noticia completa no DUVI