A UVigo lidera un proxecto europeo para crear unha plataforma dixital de alfabetización ambiental arredor dos incendios

Foto do DUVI

O campus de Ourense acolle esta semana a xornada de lanzamento do proxecto europeo 5G: Stop Forest Fire For 5Green. Coordinado desde a Universidade de Vigo, da man de David Fernández Calviño, profesor e investigador da Facultade de Ciencias do campus de Ourense e director do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación desta institución académica. Nel participan, ademais da UVigo, GBA UG (Alemaña); Eno Schoolnet ry (Finlandia); 1st Geniko Lykeio Pallinis “Pierre de Coubertin” (Grecia); Università Degli Studi di Padova (Italia) e Yavuz Selim Ortaokulu e Dunyayi Yasatma Dernegi (Turquía). Está financiado con 250.000 euros polo programa Erasmus+ no marco da convocatoria Cooperation partnerships in school education (KA220-SCH).

O obxectivo é crear unha plataforma dixital de alfabetización ambiental na que se amosará a conexión entre o cambio climático e os incendios forestais e se porá de relevo a riqueza dos ecosistemas forestais e o seu impacto ambiental.

Ler a noticia completa no DUVI