Un ano máis, e no marco da Semana Mundial de Concienciación sobre a RAM (Resistencia a antimicrobianos), o vindeiro venres 20 de novembro, ás 10:00 horas, celebrarase na Aula 3.6 da Facultade de Ciencias, no Edificio Politécnico, unha xornada informativa que aspira a converterse nun punto de referencia para comprender os novos desafíos e tendencias nun ámbito crítico para o futuro da saúde pública.
VII Xornada de Concienciación sobre o Uso dos Antibióticos