O Campus Auga financia seis proxectos de I+D con potencial de explotación e impacto no mercado

O Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense, puxo en marcha este ano un programa que aposta por transformar o coñecemento xerado polo seu persoal investigador en produtos e servizos con valor no mercado. A súa primeira acción foi unha convocatoria de axudas a iniciativas con este obxectivo que acaba de ser resolta. Seis son os proxectos que acadaron financiamento ao seu abeiro e que se desenvolverán nos vindeiros meses. As temáticas que abordan van desde a loita contra os nematodo da pataca ata novas fontes de proteína a partir de insectos.

Segundo explican desde a súa organización, este Programa de pulo á valorización e transferencia do coñecemento do Campus Auga quere contribuír ao desenvolvemento económico da contorna e ao fomento da cultura emprendedora. Para acadalo, aposta por, con iniciativas coma estas axudas, identificar, valorizar e madurar resultados de investigación, nas súas diferentes fases de desenvolvemento, con potencial de explotación e impacto no mercado. Está financiado polo convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Vigo para executar accións estratéxicas no Campus Auga (2024-2027).

Ler a noticia completa no DUVI