O Grupo Operativo PlasmoWine crea unha ferramenta que optimiza a aplicación de tratamentos contra o mildio nas vides

Duvi

O Grupo Operativo PlasmoWine, participado pola Universidade de Vigo, presentou este xoves un sistema de apoio á toma de decisións que optimiza a aplicación de tratamentos contra o mildio da vide. A ferramenta foi desenvolvida polos seus membros desde o ano 2022.

Na iniciativa participan o Laboratorio de Aerobioloxía (Grupo de Planta, Solo e Aproveitamento de Subprodutos) da Universidade de Vigo, a Fundación Feuga, a empresa tecnolóxica Monet Viticultura, a Adega Viña Costeira e a Estación Fitopatolóxica do Areeiro, da Deputación de Pontevedra.

Por parte da Universidade de Vigo participa na iniciativa persoal investigador do Laboratorio de Aerobioloxía da Facultade de Ciencias do campus de Ourense, co seu investigador principal, Francisco Javier Rodríguez Rajo, á cabeza, e formando parte del María Fernández, Lucía Carrera, Aarón Novoa, Kenia Sánchez, Duarte Días e Guillermo Guada. O seu traballo centrouse en achegar ao proxecto “unha ferramenta valiosa para o mesmo como é os datos fitopatolóxicos das diferentes patoloxías que o cultivo da vide pode sufrir”.

Ler a noticia completa no DUVI