O proxecto estatal Vasbeep busca establecer parámetros bioxeográficos que permitan autentificar o mel e pole producidos en España

Foto do DUVI

Valorizar o mel e o pole producidos en España identificando biomarcadores que permitan garantir a súa autenticidade e evitar posibles fraudes. Con este reto as universidades de Vigo e Valladolid e o Centro de Investigación Apícola y Agroambiental de Marchamalo, de Castela-A Mancha, en colaboración co sector apícola, están a desenvolver o proxecto estatal Vasbeep.

Da Universidade de Vigo participa desde a Facultade de Ciencias do campus de Ourense un equipo do Grupo de Investigación en Sistemas Agroambientais formado por Mª del Carmen Seijo, Olga Escuredo, M. Shantal Rodríguez, Montserrat Míguez, Rifka Nakib e Sonia Harbane, contando tamén coa colaboración dalgúns investigadores e investigadoras do Instituto Politécnico de Bragança (IPB), como Soraia Falcao. Elas e ele céntranse na análise do perfil de volátiles e das actividades biolóxicas do mel e o pole de abella, así como a aplicación da tecnoloxía NIR para a estimación e determinación rápida de propiedades específicas..

Ler a noticia completa no DUVI