Persoal investigador do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación da Universidade de Vigo e da Misión Biolóxica de Galicia, do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), poñen en marcha a Unidade Asociada Comunidades Microbianas de Solos. O seu obxectivo é, durante os próximos tres anos, estreitar a colaboración no estudo da optimización do sistema solo-comunidade microbiana-planta e implementar solucións baseadas na natureza para a xestión sostible dos ecosistemas agrícolas e forestais