Un estudo revela que a estratosfera distribúe mercurio desde as zonas contaminantes a rexións remotas do planeta

Foto do DUVI

Un equipo internacional participado pola Universidade de Vigo realizou un estudo no que, por primeira vez, se identifica a estratosfera como “unha rexión clave da atmosfera para a distribución, o procesado químico e a entrada de mercurio atmosférico nos ecosistemas da superficie da Terra”.O estudo, liderado desde o Instituto de Química Física Blas Cabrera-CSIC, foron publicados nun artigo titulado Role of the stratosphere in the global mercury cycle na revista Science Advances. Entre o amplo equipo internacional que participou na súa elaboración, por parte da Universidade de Vigo estiveron Juan A. Añel e Laura de la Torre, membros do grupo de investigación Environmental Physics Laboratory (EphysLab-Centro de Investigación Mariña). 

Nel descubriron que a estratosfera facilita a dispersión global de mercurio desde as zonas contaminadas a rexións remotas do planeta e que o transporte estratosférico é tan importante como o transporte troposférico na dispersión interhemisférica do mercurio.

Ler a noticia completa no DUVI