Graduaranse a XII promoción do Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos (29 estudantes); a XI de Enxeñaría Agraria (7); a XI de Ciencias Ambientais (27) e unha nova xeira do Mestrado en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental (12). Estarán amadriñados e apadriñados por Sidonia Martínez e Elena Falqué, por Sandra Rivas e Daniel Arenas e por María Flora Alonso e Juan Carlos Nóvoa. No acto entregaranse igualmente os premios aos mellores traballos fin de grao das diferentes titulacións.