O título de Experto en Auga, termalismo e saúde ofrece unha formación integral sobre os beneficios terapéuticos e cosméticos da auga mineral-medicinal e termal. O programa estrutúrase en módulos que cubren dende os aspectos xeolóxicos e microbiolóxicos da auga, ata a súa aplicación no tratamento de diversas patoloxías.
O Módulo 1 enfocase no estudio do recurso introducíndose ao alumnado nos conceptos da hidroxeoloxía, a calidade e control microbiolóxico e químico da auga, e a lexislación vixente, promovendo a innovación no uso das augas termais. O Módulo 2 céntrase na dermocosmética, detallando o uso da auga termal, na formulación de produtos para o coidado da pel. O Módulo 3 aborda a identificación de patoloxías tratables con terapias termais, problemas reumáticos, dermatolóxicos, respiratorios e crónicos, así como técnicas de aplicación da auga.
O programa inclúe prácticas de laboratorio, visitas e prácticas en empresas do sector, que permitirá ao estudantado aplicar os seus coñecementos en contornos reais. Esta formación prepara aos profesionais para traballar no ámbito da saúde e do benestar, potenciando o uso terapéutico e cosmético das augas termais.
Este ano contamos con dous prazos de preinscrición e matrícula para os títulos de mestrado, especialista e experto/a. Lembra que para matricularte é necesario facer previamente a preinscrición.
- 1º prazo de preinscrición: do 1 de xuño ao 13 de xullo de 2026
- 1º prazo de matrícula: do 24 ao 30 de xullo de 2026
- 2º prazo de preinscrición: do 31 de xullo ao 30 de agosto de 2026
- 2º prazo de matrícula: do 9 ao 11 de setembro de 2026
Inicio e fin
18/09/2026 – 30/06/2027
Modalidade
Semipresencial
Créd. ECTS
24.0 ECTS
Estado
Preinscripción