A UVigo arranca o curso dando a benvida ao alumnado que este ano comeza a súa vida universitaria

Foto do DUVI

O vindeiro luns 9 de setembro a Universidade de Vigo arranca oficialmente o curso 2024/2025. Co prazo de matrícula aínda aberto, faino con taxas de ocupación históricas superiores ao 100%. Co obxectivo de dar a benvida ao alumnado de novo ingreso, esta semana a institución académica celebra en cada un dos seus tres campus unhas xornadas de acollida informativas e lúdicas na que o estudantado que comeza a súa vida universitaria pode coñecer os servizos e instalacións que teñen á súa disposición. A primeira delas tivo lugar, con moito éxito de participación, este mércores no campus de Ourense ca participación de Mónica Villanueva, directora de área do campus de Ourense, e os vicerreitores Francisco Javier Rodríguez e Natalia Caparrini.

Ler a noticia completa no DUVI