Charla: prácticas externas

Convócase a todo o alumnado de 3º e 4º dos Graos da Facultade de Ciencias e aos estudantes do Máster de CeTAA a unha charla informativa sobre prácticas externas que terá lugar o venres día 3 de outubro de 2025 ás 10:00 h na aula 1.5.

Temas a tratar: prácticas curriculares e extracurriculares. Requisitos e tramitación.

Hai VARIOS CAMBIOS NORMATIVOS que non se explicarán a título persoal no despacho.

¡Así que asiste a esta reunión se queres estar ben informado!