Este venres a Facultade de Ciencias do campus de Ourense celebra o seu acto de graduación. Nel, o centro tamén entregará o seus galardóns aos mellores traballos fin de grao realizados polo alumnado dos seus diferentes títulos: Enxeñaría Agraria, Ciencias Ambientais e Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos.
O Premio Sonia García Falcón ao mellor traballo fin de grao (TFG) en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos é este ano para o realizado por Ángela Fernández, baixo a dirección dos profesores Gonzalo Astray e Juan Carlos Mejuto, e titulado Aplicación de técnicas de aprendizaxe automática para modelar parámetros de calidade de peituga e fígado de polo sometidos a tratamento térmico.
O Premio Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas ao mellor TFG en Enxeñaría Agraria foi para o traballo titulado Lolium perenne L. como especie potencial para a fitorremediación de solos de viñedos de Galicia con diferentes contidos de cobre, realizado por Yago Álvarez baixo a dirección do profesorado Daniel Arenas e Raquel Vázquez
Por último, concedeuse o Premio Julia Franco ao mellor TFG en Ciencias Ambientais ao estudo Dando voz ás partes interesadas: os sectores da pesca e a acuicultura en Battambang (Camboxa), que foi realizado por Xian Faro baixo a dirección das profesoras María Flora Alonso e María del Carmen Seijo.
¡Parabéns egresados!