A feira eXXperimenta en Feminino achega a maxia da ciencia a máis de 300 escolares e familias

O campus de Ourense celebra este venres unha nova edición, a sétima, da feira científica e divulgativa eXXperimenta en Feminino. Nela, conflúe un amplo colectivo de máis de medio centenar de investigadoras e investigadores da UVigo de diferentes disciplinas e máis de 300 escolares e familias co obxectivo de descubrir xuntos “a maxia da ciencia”, dun xeito lúdico e no que se fai especial fincapé en dar protagonismo ás mulleres científicas.

Ler a noticia completa no DUVI