Este cuadrimestre, na Facultade de Ciencias do campus de Ourense púxose en marcha un Grupo de Elaboración de Cervexa dende a Ciencia e a súa primeira actividade foi a realización dun obradoiro centrado na aprendizaxe práctica das bases científicas da preparación desta bebida. A iniciativa contou coa participación de alumnado dos graos do centro de Enxeñaría Agraria; Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Ciencias Ambientais.
O proxecto estivo financiado polo Instituto de Agroecoloxía e Alimentación da UVigo, a citada Facultade de Ciencias e os grupos de investigación de Biorrefinería e Valorización de Biomasa (Bio2Val) e Investigacións Agrarias e Alimentarias (AA1). Estivo impulsado, coordinado e impartido por persoal investigador da Facultade de Ciencias e da Escola Superior de Enxeñaría Informática, concretamente por María García (grupo AA1); Fer Rebelo, Beatriz Rodríguez e Alexandre Rubira (grupo Bio2Val) e Rubén Veloso (Departamento de Enxeñaría de Sistemas e Automática)
