Cultivando o futuro da sustentabilidade agrícola dende a Facultade de Ciencias

Foto do DUVI

Un grupo de vinte investigadores levará a cabo os seus proxectos durante o próximos catro anos na Universidade de Vigo. Entre eles atópase Rocío González Feijóo, que desenvolverá a súa investigación na Facultade de Ciencias do Campus de Ourense, e centrará o seu estudo “na avaliación do impacto de nanoagroquímicos na comunidade microbiana de solos agrícolas”.

O proxecto, dirixido por Daniel Arenas e Paula Pérez, ten como obxectivo principal “sintetizar nanoagroquímicos mediante métodos sinxelos, rápidos, económicos e sostibles e avaliar o seu efecto sobre a microbiota do solo”, a través do seu uso como fertilizantes.

Ler a noticia completa no DUVI