EphysLab participa nun estudo internacional sobre as causas da seca que precedeu aos grandes incendios de Australia

A revista Science Advances recolle no seu último número un estudo internacional centrado na análise da seca de Tinderbox, no sueste de Australia, que precedeu aos grandes incendios nese país a finais de 2019 e principios de 2020. Entre as e os autores dese traballo está Milica Stojanovic, investigadora do grupo EphysLab (Environmental Physics Laboratory), pertencente á Facultade de Ciencias do campus de Ourense e ao Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo.

Ler a noticia completa no DUVI