Os retos da industria alimentaria actual xa non só se circunscriben a calidade e á seguridade alimentaria, senón que tamén xogan un papel importante a sustentabilidade tanto da obtención de materias primas como dos procesos de transformación ás que puiden ser sometidas. É por iso polo que uns dos cabalos de batalla da investigación e a innovación no campo alimentario enfócanse a promover un cambio nas pautas de produción e consumo de alimentos cara a un escenario sostible.
No presente Título Propio pretendemos incluír unha serie de materias que irían encamiñadas a dar formación ao estudante de posgrao neste campo e que, ademais, actuará como complemento na formación continua de egresados nos Títulos oficiais impartidos pola Facultad de Ciencias no campo Agroambiental e Alimentario.
Inicio e fin
20/09/2024 – 21/07/2025
Modalidade
Asíncrona (en liña)
Créd. ECTS
48.0 ECTS
Estado
Preinscripción