O título de Experto en Auga, termalismo e saúde ofrece unha formación integral sobre os beneficios terapéuticos e cosméticos da auga mineral-medicinal e termal. O programa estrutúrase en módulos que cubren dende os aspectos xeolóxicos e microbiolóxicos da auga, ata a súa aplicación no tratamento de diversas patoloxías.

O Módulo 1 enfocase no estudio do recurso introducíndose ao alumnado nos conceptos da hidroxeoloxía, a calidade e control microbiolóxico e químico da auga, e a lexislación vixente, promovendo a innovación no uso das augas termais. O Módulo 2 céntrase na dermocosmética, detallando o uso da auga termal, na formulación de produtos para o coidado da pel. O Módulo 3 aborda a identificación de patoloxías tratables con terapias termais, problemas reumáticos, dermatolóxicos, respiratorios e crónicos, así como técnicas de aplicación da auga.

O programa inclúe prácticas de laboratorio, visitas e prácticas en empresas do sector, que permitirá ao estudantado aplicar os seus coñecementos en contornos reais. Esta formación prepara aos profesionais para traballar no ámbito da saúde e do benestar, potenciando o uso terapéutico e cosmético das augas termais.

Este ano contamos con dous prazos de preinscrición e matrícula para os títulos de mestrado, especialista e experto/a. Lembra que para matricularte é necesario facer previamente a preinscrición. Consulta os prazos de preinscrición e matrícula aquí.

  • 1º prazo de preinscrición: do 6 de xuño ao 30 de xuño de 2025
  • 1º prazo de matrícula: do 14 de xullo ao 24 de xullo de 2025
  • 2º prazo de preinscrición: do 30 de xullo ao 29 de agosto de 2025
  • 2º prazo de matrícula: do 11 de setembro ao 12 de setembro de 2025

Inicio e fin

18/09/2025 – 30/06/2026

Modalidade

Semipresencial

Créd. ECTS

20.0 ECTS

Estado

Preinscripción

Consulta a páxina do Título