Requisitos de acceso
Segundo o RD 1393/2007, polo que se establece o ordenamento dos ensinos universitarios oficiais, terán acceso ao Mestrado quen reúnan algún dos seguintes requisitos:
- Para acceder aos ensinos oficiais de mestrado será necesario estar en posesión dun Título Universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior do Espazo Europeo de Educación Superior que facultan no país expedidor do Título para o acceso a ensinos de Mestrado.
- Asímesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior sen necesidade da homologación dos seus Títulos, previa comprobación pola universidade de que aqueles acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes Títulos Universitarios oficiais españois e que facultan no país expedidor do Título para o acceso a ensinos de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do Título previo del que esté en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de cursar os ensinos de Mestrado.
Perfil de ingreso
Priorizaranse ademais da prelación anterior, as seguintes Titulacións ou circunstancias:
- Titulados en Ciencias: Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Química, Bioloxía, CC do Mar e CC Ambientais.
- Titulados en Tecnoloxías: Enxeñaría Agrícola, Química e Industrial.
- Titulados en Ciencias da Saúde: Nutrición Humana e Dietética, Farmacia, Veterinaria e Medicina.
- Outros titulados que a CAM considere que poidan ter acceso a esta formación a partir da avaliación do seu expediente académico.