Segundo o establecido no art. 4.3 do Regulamento de estudos oficiais de posgrao da Universidade de Vigo, a selección do estudantado corresponde á Comisión Académica do Mestrado (en diante CAM).
Non se establecen probas específicas ou condicións especiais de acceso. Dado o carácter multidisciplinar que caracteriza ás actividades de I+D+i no ámbito agroalimentario e ambiental, terán acceso ao Mestrado graduados/as, diplomados/as, licenciados/as e enxeñeiros/as que reúnan as condicións establecidas no RD 1393/2007. O criterio preferente de valoración de acceso, no caso de que o número de solicitudes supere ao número de prazas ofertadas, sería:
- Nota media do expediente académico dos solicitantes dividida pola media ponderada da Titulación.
- No caso de igualdade de puntos do apartado anterior, adecuación da Titulación que da acceso. Entre as Titulacións preferentes podemos destacar a graduados/as, diplomados/as, licenciados/as e enxeñeiros/as dos ámbitos científico (Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Ciencias Ambientais, Química, Bioloxía e Ciencias do Mar), tecnolóxico (Enxeñaría Agraria, Química e Industrial) e de Ciencias da Saúde (Nutrición Humana e Dietética, Farmacia, Veterinaria e Medicina, entre as máis habituais).
- Se fora necesario a CAM realizará entrevistas persoais.
Ademais de cumprir os requisitos necesarios para a súa admisión, valorarase positivamente que o estudantado cumpra as seguintes competencias transversais:
- Capacidade de aprendizaxe.
- Capacidade de adaptación aos cambios.
- Actitude positiva.
- Capacidade de asumir responsabilidades.
- Capacidade de comunicación oral e escrita.
- Capacidade de planificación, coordinación e organización.
- Capacidade de resolución de conflitos e problemas.
- Capacidade de traballo en equipo.
- Capacidade de análise.
- Capacidade de traballo independente.
Procedemento de admisión
Con carácter previo, realizarase unha preinscrición no prazo establecido para os Mestrados con carácter oficial. Ésta realizaráse mediante a presentación aos órganos administrativos correspondentes dun formulario de preinscrición, acompañado da documentación necesaria, que posteriormente será enviada á CAM para a súa valoración.
Unha vez finalizado o período de preinscrición, publicaránse nesta páxina web, ademáis de nos taboleiros de anuncios do centro e por calquera outro medio que estipule a Universidade de Vigo, as listas provisionais de estudantes “preinscritos” e “os preinscritos con subsanación”. Estos últimos disporán de varios días hábiles para aportar a documentación que lles falta e pasar a preinscritos provisionais.
Unha vez publicadas as listas definitivas de estudantes “preinscritos” levaráse a cabo o proceso de selección, se procede.
A CAM seleccionará entre o estudantado solicitante, en base aos sistemas de admisión e criterios de valoración, que en calquera caso se basearán sempre nos principios de mérito e capacidade.